Detido en Málaga un histórico narco que escapou dun centro de inserción da Coruña

Axentes da Policía Local de Marbella e Estepona capturaron un histórico narcotraficante orixinario de Huelva e que estaba en busca e captura tras fuxir nun permiso dun centro de inserción da Coruña onde estaba a cumprir condena. Trátase de Anselmo Sevillano Amaya, que está considerado como un dos maiores capos do haxix de Europa. Sorprendérono na tarde deste venres cando conducía un vehículo Mercedes C 220 con matrícula alemá de cor gris polas rúas de Marbella (Málaga). Tras dárenlle o alto os axentes, o condutor emprendeu a fuxida a gran velocidade en dirección á localidade veciña de Estepona.  A Policía Local do municipio recibiu o aviso dos seus compañeiros marbellís para que os apoiasen na persecución. O coche foi finalmente interceptado no carril de acceso a Guadalmansa, onde unha unidade de Policía Local de Estepona cortou a vía e os axentes que o perseguían lograron detelo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha