Detido en Pontevedra por presuntos abusos a menores

0 minutes read

Un home de 42 anos foi detido en Pontevedra acusado dun delito contra a liberdade sexual de tres menores de idade. As nenas eran as súas alumnas de matemáticas nunha academia de clases particulares do centro da cidade. 

Foron os pais dunha delas os que presentaron a denuncia en sede policial. O presunto depredador sexual quedou en liberdade tras darlle a súa versión dos feitos ao xuíz que instrúe o caso, que decretou para el unha orde de afastamento dunha das menores.

Nos vindeiros días continuará a toma de declaracións de varias testemuñas en sede xudicial.