Detido en Ribadeo nunha ampla operación contra o narcotráfico


A Garda Civil despregou un amplo dispositivo en Ribadeo nunha operación contra o narcotráfico, deste xeito detiveron a un veciño da vila de 48 anos que circulaba pola autovía do Cantábrico con medio cento de doses de cocaína e case 90 de heroína. A investigación comezou cando os axentes detectaron un movemento constante de toxicómanos nos arredores dunha vivenda de Ribadeo. Un forte dispositivo de vixilancia permitiu localizar o sospeitoso, que se facía coas drogas en Ferrol e despois as vendía na Mariña nas fins de semana. O detido xa pasou a disposición xudicial en Mondoñedo. A operación segue aberta e non se descartan novas detencións.