Axentes da Garda Civil de Cualedro descubriron a identidade dun home de Aragón que se dedicaba a enganar mulleres por toda España para sacarlles os cartos. Foi unha denuncia por ameazas do marido dunha veciña de Cualedro coa que o estafador vivía en Verín o que os puxo sobre a súa pista e así lograron detelo, o home mandáballe audios ao teléfono do marido con insultos e ameazas. Sen avisar, no mes de xuño a muller deixou de traballar na panadería familiar e abandonou o marido e o seu fillo para instalarse nun piso en Verín con este home, facíase chamar Ramón e dícía que era lexionario e malagueño. A muller comezou a quitar cartos da súa conta e ingresáballos a el, en total uns 80.000 euros.
O detido,de Zaragoza, tras declarar no xulgado de Verín, ingresou no cárcere do Pereiro de Aguiar. Tiña numerosas ordes de busca e detención como presunto autor de 38 delitos: estafas, roubos e apropiacións indebidas. Supostamente, do mesmo xeito enganou 20 mulleres por toda España.
A muller de Cualedro aínda non puxo denuncia e tivo que ser ingresada no hospital por unha crise de ansiedade.