Detido infraganti un home que estaba a forzar dúas máquinas expendedoras en Carballo

1 minutes read

Os feitos producíronse minutos antes da medianoite deste venres na céntrica rúa Vázquez de Parga. Alertados por unha testemuña, dous axentes dunha patrulla da Policía Local acudiron de inmediato ao habitáculo de vending onde se atopan as máquinas expendedoras, á súa chegada non daban crédito con que pasividade algunhas persoas facían uso de varias delas mentres un home de mediana idade estaba a tratar de pinzar e forzando outras dúas cuns taboleiros e nas que xa se observaban danos irreparables nas súas portas. Tampouco as cámaras de seguridade da instalación lle importaron demasiado, dado que actuaba a cara descuberta. O home resultou ser un asiduo coñecido das forzas de seguridade e cun amplo historial delituoso ás súas costas. Foi identificado e detido de inmediato polos axentes, impútaselle un presunto delito de roubo con forza nas cousas, polo que pasará a disposición xudicial nas próximas horas.