Detido na Estrada o líder dunha banda de ladróns albanokosovares

O líder dunha perigosa banda do leste, de 28 anos, foi localizado nunha vivenda da Estrada onde apareceron tamén moitos dos obxectos subtraídos en diversas vivendas da bisbarra de Vigo. Á banda atribúenselle dezasete roubos. O home ten abundantes antecedentes policiais. Tiña prohibida a saída de España e tamén o acceso a territorio Schenguen. Os botíns foron bastante elevados: caixas fortes, pezas de alta xoiería, reloxos, obras de arte, cartos ou efectos electrónicos. Nalgúns casos roubaron máis de trinta mil euros. As parroquias viguesas de San Miguel de Oia e Saiáns foron as máis castigadas por esta banda que accedía ás vivendas previamente marcadas. Actuaba á última hora do serán ou á primeira da noite, cando tiñan a certeza de que non estaban os propietarios nas casas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha