33
- Os feitos acontecero preto das sete da tarde do pasado domingo
A Policía Local da Laracha detiveron a un condutor por dous posibles delitos: non someterse á proba de alcoholemia e ameazar aos axentes.
Os feitos aconteceron o pasado domingo, arredor das 19:00 horas, cando cando os axentes observaron como un vehículo realizaba un cambio de sentido ilegal na Avenida Fisterra, á altura da rúa Cuartel, e procederon a darlle o alto. Tras comprobar que o condutor presentaba síntomas de embriaguez, foi requirido para realizar as correspondentes probas de comprobación da taxa de alcoholemia, ao que se negou. Ademais, o home comezou a proferir ameazas contra os efectivos da Policía Local, polo que se procedeu á súa detención e posta a disposición xudicial.