Detido o atracador dunha tenda de Carballo

A última hora da tarde deste martes un inividuo tentou atracar cun obxecto punzante un comercio da céntrica rúa Fomento de Carballo. O home entrou a punta de navalla solicitándolle a encargada do local a recadación, ante a resistencia ofrecida pola vítima, o presunto atracador fuxíu. Pola descripción aportada, o individuo foi detido pasados uns minutos no Barrio da Milagrosa. Trátase de I.S.I. un vello coñecido das forzas de seguridade, con varios antecedentes delictivos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha