Detido o condutor do coche sinistrado en Pontevedra no que morreu un mozo de Cesantes


Unha persoa perde a vida e outras tres resultan feridas nun accidente de tráfico, o vehículo no que viaxaban saíuse da vía cando circulaba pola la estrada entre Comboa e Acevedo, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.

Ás 11:30 horas deste domingo, o 112 Galicia recibiu información sobre o sinistro rexistrado no límite dos concellos de Pontevedra e Soutomaior para o que solicitaba asistencia médica e a colaboración dos axentes de seguridade e voluntarios de Protección Civil, xa que todos os ocupantes do coche estaban liberados e accesibles.

Sen embargo, unha das persoas implicadas carecía de pulso, segundo explicou o alertador a través dunha segunda chamada ao 112 Galicia. Pouco despois, os servizos sanitarios de urxencia confirmaron que no accidente perdeu a vida un mozo de 23 anos, outros tres necesitaron asistencia médica e mesmo foron evacuados a un centro hospitalario. 

A Garda Civil detivo o condutor do coche accidentado, está acusado dun presunto delito de homicidio imprudente e condución temeraria tras dar positivo en alcol e drogas.

Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil, que acoden desde a agrupación do veciño concello de Soutomaior.