17
O ex primeiro ministro conservador búlgaro Boiko Borisov foi detido este xoves na cidade de Sofía. Está a ser investigado por uso indebido de fondos da UE nos ámbitos da agricultura, a construción e a contratación pública. Segundo medios búlgaros, está en marcha unha operación a gran escala da Dirección Xeral da Policía Nacional de Bulgaria, que está a levar a cabo rexistros e incautacións en moitos domicilios. Ata o de agora foron detidos o ex primeiro ministro Boiko Borisov, o ex ministro de Finanzas, Vladislav Goranov, a ex presidenta da comisión parlamentaria de Finanzas, Menda Stoyanova e a portavoz do GERB Sevdalina Arnaudova.