Detido o presidente do Colexio Enfermería de Pontevedra

1 minutes read

Está acusado, xunto coa súa muller e a súa filla, de presuntos delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal. Membros da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policia estiveron rexistrando este xoves as dependencias da entidade e tamén un domicilo particular. A operación está dirixida polo Xulgado de Instrución numero dous de Vigo que declarou causa secreta. Esta entidade foi recentemente condenada ao pagamento dunha débeda de 6 millóns de euros que mantiña co Consello Xeral de Enfermería de España xa que a entidade pontevedresa levaba dende 1998 sen aboarlle ao consello a parte proporcional das cotas dos colexiados. O secretario da entidade acusou o presidente de ocultarlles a sentenza aos afiliados e tamén denunciou outras irregularidades.