O Equipo Territorial da Policía Xudicial da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do mesmo posto, detivo a un veciño da localidade, como presunto autor dun delito furto. Os feitos ocorreron o día 17 deste mes, cando o agora detido presuntamente furtou unha manta-mostrario, nunha xoiería de Vimianzo, valorando a vítima a mesma en 80.000€.
A Garda Civil investigou os feitos, en aras de lograr a identificación plena do autor ou autores dos mesmos, realizando as xestións e actuacións pertinentes para o seu esclarecemento. O traballo de campo realizado polas unidades mencionadas permitiu solicitar os datos e a recollida de vestixios, que tras ser analizados meticulosamente polos compoñentes do ETPJ, conduciron á filiación do presunto autor do ilícito.
A Benemérita procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito de furto, poñéndoo, xunto coas actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión.