Detido o sospeitoso do tiroteo en Utrecht


As autoridades holandesas confirmaron o arresto de Gökmen Tanis, presunto autor do tiroteo que matou a tres persoas e feriu a outras cinco este luns pola mañá na localidade de Utrecht. Trátase dun home de 37 anos e nado en Turquía, que abriu fogo contra os viaxeiros dun tranvía. Descoñécense os motivos deste brutal ataque. A axencia turca de noticias Anadolu asegura que se trata dun crime froito dunha disputa de ámbito familiar, pero a policía continua traballando tamén na hipótese terrorista.