Detido o xerente dun local en Cee por estafa

  • Axentes da Guardia Civil de Carballo e Corcubión detiveron ó home por un presunto delito de estafa e falsificación de documentos

Axentes de investigación do concello de Carballo e Corcubión detiveron ó xerente dunha tenda de colchóns na localidade de Cee. A actuación enmárcase dentro da «Operación Somier», e segundo fontes, o detivo usaba os datos dos seus clientes para crear contratos non pactados.

O xerente facilitáballes ós seus clientes financiamento para poder comprar os seus produtos pero, unha vez firmados os contratos, o home tramitaba un préstamo maior e cunhas condicións diferentes. A cantidade de cartos que pedía a maiores, ía directa para unha conta que estaba ó seu nome. Polo de agora, a contía estafada ascende a máis de 28.000 euros, aínda que non se descarta que aumente, ou que haxa máis persoas afectadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha