Detido pola Garda Civil da Laracha por 13 delitos de roubo con forza

  • Os feitos producíronse durante a noite de San Xoán.

A Garda Civil do Posto da Laracha procedeu á detención dun veciño de Carballo, de 36 anos de idade, como presunto autor dun delito de roubo con forza en interior de vehículos. A investigación iniciouse á mañá seguinte dos feitos, despois de que a Garda Civil comezase a ter coñecemento a través das denuncias interpostas en diferentes dependencias policiais. Tivo vital importancia no esclarecemento dos feitos e identificárona do presunto autor, a colaboración cidadá, podéndose deter a esta persoa no seu domicilio de Carballo. Os turismos afectados atopábanse na vía pública, 10 deles na localidade de Carballo e 3 na Laracha, podendo o presunto autor dos feitos acceder ao interior dos mesmos mediante as fracturas de xanela ou forzado das portas. Os obxectos que preferiblemente subtraeu esta persoa foron radios e efectos persoais de valor. O detido quedou en liberdade con cargos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha