Detido por colocar un localizador no vehículo da súa ex parella

Axentes da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Ferrol-Narón procederon á detención dun home de 39 anos, por un presunto delito de Violencia de Xénero. A investigación iniciouse tras a denuncia formulada pola súa ex muller, ao descubrir un dispositivo de localización na roda de reposto do seu vehículo particular.

Por estes feitos, funcionarios desta Comisaría realizaron as xestións pertinentes para esclarecer como e quen puxera o citado localizador, podendo pescudar que o dispositivo foi adquirido polo detido, o cal estaría seguindo continuamente á vítima, valéndose para iso do devandito artificio para coartar a plena liberdade de movementos (dereito fundamental da C.E.) da súa ex parella, seguíndoa alá onde fose e impedindo un desenvolvemento normal da vida cotiá da mesma.

O detido foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución Número Dous de Ferrol (Xulgado de Violencia de Xénero), quedando o mesmo en liberdade con cargos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha