21
A Garda Civil da Coruña detivo a un veciño de Cambre como presunto autor dun delito de falsidade documental e de estafa. O detido usaba datos dos seus amigos para comprar seguidores en diferentes redes sociais.
O presunto autor destes feitos realizara un contrato a un prestador de servizos online, utilizando para iso a identidade e os datos bancarios doutras persoas coas que mantiña unha relación persoal.
Os cargos ascenderon a 1.000€, en concepto de compra de seguidores para as súas redes sociais, billetes de avión, billetes de autobús e hoteis. Tamén tentou realizar outros pagos por valor de 900€, que finalmente puideron ser bloqueados.