Detido por levar un sistema para agochar a matrícula do coche

O propietario deste vehículo instalou no coche un mecanismo para que non puidesen identificalo ou por exemplo, multalo cando se salta un radar. Por medio dun mando a distancia accionaba un mecanismo que ocultaba a numeración da matrícula, impedindo así ser identificado. A Garda Civil levaba meses detrás deste condutor e que ao final foi detido en Mondoñedo. Esta persoa enfróntase á retirada de 6 puntos e a unha infracción de 6.000 euros. Os axentes cren que a intención do acusado podería ser evitar sancións de tráfico ou incluso que o asocien con delitos de calquer outra índole.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha