Detido tras un incendio en Carballo

Momento en que os axentes trasladan ao detido.

Un mozo foi detido en Carballo á primeira hora da tarde deste venres ao ofrecer resistencia aos servizos de emerxencia que acudiron en auxilio tras a alarma dada ao 112 Emerxencias Galicia por veciños do bloque de vivendas dun edificio situado no número 4-6 da rúa Saturnino Cuiñas. Informaban de que saía fume por baixo dunha porta dun primeiro piso. Ao momento trasladouse de inmediato unha ambulancia do 061, Policía Local, Bombeiros e Garda Civil. No lugar atopáronse a un mozo que tiña unha causa pendente, polo que finalmente foi detido. Tratan de clarificar agora en que situación e porqué motivos se produciu devandito incendio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha