Detido por violencia machista e pecharse armado cun coitelo


A Policía Nacional detivo este domingo un home acusado dun delito de violencia machista. Os axentes acudiran ao domicilio tras recibir unha chamada alertando dun suposto intento de suicidio. Foi no terceiro piso dun edificio da Rúa Real da Coruña. O home pechárase nun cuarto armado cun coitelo. Ameazaba con agredir a quen intentase entrar, incluídos os seus familiares. A policía conseguiu reducilo e desarmalo. O home autolesionárase e foi trasladado por unha uvi móbil ao Chuac, custodiado pola Policía. Segundo fontes policiais, o desencadeante da situación foi unha liorta coa súa parella.