41
A Policía Local de Carballo interceptou este xoves un vehículo no centro urbano da localidade, sobre a localización do coche lanzouse unha requisitoria por unha denuncia dun particular ao fío das 11 da mañá, dado que fora subtraído en Ponteceso cando nun descoido o seu propietario deixou o motor en marcha coas chaves postas para realizar unha breve xestión. A eficacia da Policía Local carballesa deu froito hora e media máis tarde coa localización do turismo e a identificación e posterior detención do condutor do mesmo. Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias o detido quedou custodiado pola Garda Civil á espera do seu próximo paso a disposición xudicial.