Detido tras atracar un taxista de Meicende, en Arteixo, e fuxir cos cartos e o coche

1 minutes read

O mozo, de 27 anos, subiuse a un taxi na parada de Meicende, en Arteixo. Daquela mesmo, xa ameazou o condutor cun obxecto punzante e esixiulle que arrancase sen rumbo. Sen que se dese conta, o taxista activou a alarma, que leva incorporada un sistema de xeolocalización.

Pero o asaltante indicoulle á vítima que se incorporara á A-6. Tras percorrer varios quilómetros, pediulle que parara na beiravía. Alí rouboulle 85 euros, pero, non contento con isto, díxolle que baixara do taxi e el emprendeu unha fuxida a toda velocidade. Entrementres, unha patrulla da Garda Civil localizou o taxista e xuntos foron á procura do delincuente.

Tras unha perigosa persecución duns 50 quilómetros polos concellos de Mesón do Vento, Cambre e Abegondo, lograron detelo no lugar de Figueroa. Tras prestar declaración no Xulgado de Instrución Número 1 da Coruña, que era o que estaba de garda, ingresou no cárcere de Teixeiro investigado por roubo con violencia.