Detido tras roubar e provocar un incendio no que resultaron feridos dous bombeiros en Fisterra

1 minutes read

Un veciño da Coruña foi detido polo Equipo Roca da Garda Civil de Carballo, en colaboración coa do posto de Corcubión, como presunto autor dos delitos de roubo e incendio.

Os feitos aconteceron en Fisterra, a Garda Civil descubría que un incendio nunha vivenda, no que resultaron feridos dous bombeiros durante os traballos de extinción, gardaba relación cun roubo no interior dun vehíuclo na mesma localidade, no que subtraeran as chaves da vivienda incendiada.

Dese xeito o presunto autor accedeu á vivenda e roubou 27.500 euros en metálico, varios reloxos, unha cadea con cruz de ouro e un teléfono móbil de alta gama, provocando despois o incendio coa intención de ocultar o roubo.

A Garda Civil detivo ao suposto autor e puxo o caso en mans do Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión.