Detido un atracador que pediu cinco millóns de euros nunha farmacia de Vigo


A Policía Nacional de Vigo detivo un home de 42 anos que tentou atracar unha céntrica farmacia da cidade na rúa García Barbón, esixindo cinco millóns de euros que quería que lle cargasen nunha tarxeta co datáfono.

Logo de amenazar á farmacéutica e falar de modo inconexo como se estivese baixo os efectos dalgunha droga, acabou fuxindo cara ao barrio de Teis onde foi detido polos axentes. Foi posto a disposición xudicial e fíxoselle unha análise forense para avaliar o seu estado psicolóxico.