22
Trátase de Pedrito L.A., un veciño de Carballo de 27 anos de idade que foi detido tras varios meses en paradoiro descoñecido e coa Garda Civil pisándolle os talóns. Sobre esta persoa recaen varias acusacións por numerosos delitos, algúns penais, e na madrugada deste xoves foi detido nunha vivenda de Carballo, lugar onde se formou unha gran expectación, mesmo ao redor do cuartel do instituto armado, en parte por familiares e achegados. Varias unidades especiais da Garda Civil participaron neste operativo ata a súa detención no día de hoxe.