As forzas da orde detiveron este martes ás 11 da noite a un veciño de Carballo, de mediana idade e vello coñecido dos corpos de seguridade, por alteración da orde pública. O individuo en cuestión presentouse na céntrica rúa Coruña fouciño en man e tal e como se aprecia no vídeo reclamando a súa tapa de tortilla, onde está, onde está?, recriminaba. Con ameazas a quen paseaba por preto, terminou sentándose na terraza dun local hostaleiro e alí foi detido. Hai poucos días esta mesma persoa presuntamente incendiou a súa vivenda e atrincheirouse no interior, provocando un gran despregamento de medios para auxilialo.