- O home rexenta un concesionario de vehículos de alta gama no polígono de Bértoa, pilotaba un coche dun cliente e xa é a segunda vez, en poucos meses, que é intreceptado polas forzas da orde polo mesmo proceder.
O suxeito foi localizado por unha patrulla policial que denotou varias deficiencias na normativa vixente para a circulación do vehículo a motor pola estrada, como a falta de seguro obrigatorio ou a falta de inspección técnica obrigatoria. Tras tratar de identificar ao seu condutor, en pleno casco urbán de Carballo, lonxe de colaborar coa autoridade policial o suxeito deuse á fuga a gran velocidade, poñendo en risco a súa propia seguridade así como a dos demais usuarios da vía, facendo caso omiso dos sinais acústicos e luminosos da patrulla policial.
Con todo, o presunto infractor foi finalmente interceptado, identificado e reducido, dado que se mostrou en actitude chulesca e agresiva contra os axentes intervintes no operativo, un deles resultou ferido leve. Acto seguido tras unha proba de alcolemia, na que arroxou unha tasa en alcol ao volante moi superior á permitida, o individuo foi detido e posto a disposición xudicial, quedando en liberdade con cargos ás poucas horas, á espera da celebración doutro xuízo por diferentes delitos reincidentes. O turismo de alta gama co que cometeu as infraccións foille inmovilizado.