Detido un carballés tras unha liorta, provocar un accidente bébedo e carecer de seguro

1 minutes read

A Garda Civil de Carballo arrestou este luns a J.F.E., un veciño da localidade, de mediana idade, tras unha acumulación de despropósitos por parte do implicado, quen ademais xa é reincidente. O suxeito en cuestión participou nunha disputa familiar no lugar da Brea, de onde se ausentou ao volante dun vehículo pasadas as seis da tarde en dirección ao centro urbano. Tras a alerta a Emerxencias por parte dun dos seus adversarios montouse un dispositivo policial para tratar de localizalo, pero non foi necesario ir a moi lonxe. Penetrado no centro urbano chocou con outro turismo, á chegada das forzas da orde o home presentaba un reconocible estado de embriaguez, e por se fose pouco o turismo carecía do seguro obrigatorio en vigor. Ao lugar dos feitos acudiu unha patrulla da Garda Civil que se fixo cargo de tramitar as dilixencias e de levarse detido a este home, a quen presuntamente lle serán imputados varios delitos polos feitos acontecidos na tarde deste luns.