Detido un condutor de Fene por varios delitos e agresión á autoridade

1 minutes read
  • Os delitos aos que se enfronta o condutor carrexan penas de prisión de ata dous anos

A Garda Civil de Tráfico de Ferrol detivo a un veciño de Fene por carecer do permiso de conducir, arroxar unha taxa de alcol de 1,18 mg en aire expirado, negarse a realizar as probas de detección de drogas e por agredir á autoridade.

Os feitos tiveron lugar despois de que a Garda Civil fose alertada dun accidente na autoestrada AP-9 F, no punto quilométrico 31,500 á altura do túnel de O Sartego sentido Ferrol, polo que ao acudir ao lugar dos feitos atopouse ao presunto autor implicado nos feitos.

Os delitos aos que se enfronta o condutor carrexan penas de prisión de ata dous anos, ademais de severas multas cuxa contía determinará o titular do Xulgado.