Detido un condutor por “acosar” a outro ata facerlle saír da vía

1 minutes read
  • O incidente produciuse na estrada AC-840 e o investigado estaba baixo os efectos do alcol

A Garda Civil de Tráfico da Coruña investigou a un veciño da localidade por acometer de forma reiterada e voluntaria contra outro vehículo e por circular baixo os efectos do alcol e substancias estupefacientes.

O CIAE 112 alertou aos axentes da presenza dun condutor acosando e impactando reiteradamente co seu vehículo contra outro turismo, na estrada AC-840 á altura da zona da Graña- Requián no termino municipal de Betanzos, obrigando ao condutor acosado a abandonar a devandita vía.

Cando a Garda Civil chegou ao lugar dos feitos, procedeu á realización das probas de detección do consumo de alcol e substancias estupefacientes a ambos condutores, con resultado positivo na proba de alcoholemia no caso do suposto acosador e negativo en ambas o outro condutor implicado.

Tras as realización das probas e a confrontación das versións dadas por ambos, os efectivos actuantes procederon á investigación do suposto acosador, como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria.

O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Betanzos.

O delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, leva aparelladas penas de tres a seis meses de prisión, multa de seis a doce meses e, en calquera caso, a privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

O delito de condución temeraria conleva unha pena de prisión de seis meses a dous anos e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata seis anos.