Detido un condutor por fuxir da Garda Civil en estado de embriaguez e por tentar cuspir a un axente

  • O home circulaba en zig- zag, sen luces e en dirección prohibida

A Garda Civil de Santa Comba e o Equipo de atestados de Corcubión procederon á detención dun condutor que, despois de recibir o alto para comprobar se o seu desprazamento era lícito, insultou e ameazou ás patrullas para despois darse á fuga, obrigando aos axentes a apartarse para non ser atropelados no quilómetro 55 da AC-400, dirección Sigrás-Muros.

Ao interceptar o vehículo, os axentes procederon a realizar unha proba de alcoholemia ao condutor ao presenciar durante a persecución que este circulaba en zig- zag, sen luces, a gran velocidade e en dirección prohibida; arroxando un resultado de 0.99 e 1.00 mgl en aire expirado.

Por todo iso, a Garda Civil procedeu á súa detención por condución temeraria e por facelo baixos os efectos do alcol, por un delito contra a seguridade viaria e por non respectar as normas establecidas no Real Decreto con motivo do Estado de Alarma. Pero ademais tamén se lle imputan delitos por desobediencia grave, resistencia e atentado a axente da autoridade xa que o condutor, despois de ser interceptado, non mantivo a distancia de seguridade esixida polos axentes, tentou forcexear con eles chegando a querer cuspirlles e mesmo tentou volver fuxir.

Related posts

O BNG de Santa Comba tilda de ‘desastre de xestión’ a acumulación de lixo preto de instalacións municipais

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

Mazaricos acollerá esta fin de semana a XXVII Festa do Bolo do Pote