Os dous homes saíron de xeito voluntario da vivenda tras seis horas de negociacións cos axentes. Nese momento detiveron ao suposto agresor mentres que o seu irmán quedou en liberdade ao non existir cargos.
Os feitos sucederon durante madrugada cando ao parecer, varias persoas celebraban unha festa no interior dun inmoble na avenida de Barraña. Empezou unha forte discusión e comezaron a lanzar obxectos polas ventás cando se rexistrou un enfrontamento entre os dous homes e a parella dun deles.
A moza conseguiu saír do inmoble tras ser supostamente agredida mentres os homes quedaban no piso. Á muller, de 21 anos trasladarona en ambulancia cara ao hospital da Barbanza para ser atendida das lesións que presentaba.
Tamén se desprazaron ao lugar efectivos de garda do Parque Comarcal dos Bombeiros de Boiro reclamados pola Garda Civil, para que de xeito preventivo cortaran o gas ante a posible ameaza de que lle ían prender lume á casa.