Detido un home acusado de asasinar a súa exparella a coiteladas na Coruña

  • De se confirmaren como crime machista, sería o número 14 deste ano en España, o segundo en Galicia.

A muller asasinada, de 49 anos, figuraba no Sistema de Seguimento Integral de casos de Violencia de Xénero (VioXén) tras presentar denuncias previas por violencia machista contra o suposto autor do crime. A Policía Nacional detivo un home de 61 anos este domingo na Coruña acusado de matar a súa exparella a coiteladas nun domicilio da rúa Santo Isidoro, no barrio da Sagrada Familia. Segundo fontes da investigación, pouco antes das sete da mañá o home avisou a un familiar de que agredira a vítima cunha arma branca e o parente alertou ao 112. Ata o lugar desprazouse de inmediato persoal sanitario do 061, que non puido facer nada pola vítima, e axentes da Policía Nacional que detiveron o agresor, sendo trasladado á comisaría de Lonzas, donde permanece á espera de pasar a disposición xudicial a partir deste luns. 

Related posts

Santa Comba, Negreira, Narón, Santiago, Carnota, Cedeira e Noia acollen a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa

Presentada en Tordoia a segunda edición da Carreira Camiño da Vía Verde

Charla sobre a soidade non desexada no centro residencial de Arteixo