Detido un home como presunto autor da morte da súa ex parella en Murcia

  • O presunto homicida foi detido no aeroporto de Alacante, cando pretendía fuxir

A Garda Civil detido a un home como presunto autor da morte da súa ex parella, unha muller de 43 anos e de nacionalidade ecuatoriana, cuxo cadáver foi atopado nunha casa no municipio de Torre Pacheco, en Murcia.

Os feitos sucederon sobre as once da noite deste xoves, cando axentes da Garda Civil acudiron á casa da vítima, alertados por varias amigas, que alegaron que faltara ao traballo. O corpo da muller foi achado en estrañas circunstancias: espido, cunha rosa no peito e con peluches ao seu redor.

O presunto asasino, tamén de nacionalidade ecuatoriana, xa fora denunciado por malos tratos pola súa ex parella, pero a orde de afastamento xa expirara.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha