Detido un home como presunto autor de varios roubos en Carballo


A Garda Civil de Carballo detivo a un individuo como presunto autor de dous delitos de roubo no interior de dous vehículos.

Os feitos ocorreron o 12 de xuño actual, na rúa Río Xallas da localidade de Carballo, cando o detido levou un total de 150 euros despois de romper a ventá do acompañante de dous vehículos. Aínda non están cuantificados os danos dos mesmos.

O detido foi posto á dispoción do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.