Un home de mediana idade foi detido a última hora deste venres tras presuntamente agredir a súa parella nunha vivenda en Carballo. Os feitos producíronse pasadas as 11 da noite nun céntrico edificio de vivendas da rúa Gran Vía e foron os propios veciños os que deron a voz de alarma, ademais de colaborar coas forzas de seguridade cidadá para a detención do presunto agresor. A muller precisou asistencia médica, aínda que as súas feridas, segundo testemuñas presenciais, en principio, por sorte, non revestían gravidade.