Os feitos producíronse entre as localidades de Marín e Pontevedra, no lugar de Cunchidos, na zona de Estribela. Segundo fontes próximas á investigación, a vítima, de 33 anos, e o agresor coñecíanse, pero non mantiñan unha relación sentimental, polo que non se trataría dun caso de violencia de xénero. Investígase como un posible axuste de contas por drogas. O home foi detido pola Policía Local de Marín e a Policía Científica traballa para esclarecer o ocorrido. O crime ocorreu no interior dunha infravivenda, con mantas nas xanelas e evidentes condicións de abandono. A propietaria do inmoble faleceu hai anos e este quedou deshabitado, converténdose en punto de encontro para varias persoas en situación de pobreza e exclusión social.
0