7
Un home foi detido e trasladado á comisaría da Policía Nacional de Ribeira acusado de acoitelar o seu pai en varias partes do corpo e deixalo ferido de gravidade. Ocorreu á primeira hora da tarde no lugar de Vixán, na parroquia de Carreira. Segundo fontes próximas ao caso, a agresión comezou dentro da casa familiar e rematou en plena rúa. Ao parecer, pai e fillo estaban rifando por mor dun asunto de hai anos. A policía arrestou ao home nas inmediacións do lugar dos feitos. A vítima, que perdeu moito sangue, foi trasladada nun primeiro momento ao hospital comarcal do Barbanza nunha ambulancia do 061. No operativo participaron tamén axentes da Policía local.