Detido un home en Ribeira acusado de acoitelar ao seu pai

Un home foi detido e trasladado á comisaría da Policía Nacional de Ribeira acusado de acoitelar o seu pai en varias partes do corpo e deixalo ferido de gravidade. Ocorreu á primeira hora da tarde no lugar de Vixán, na parroquia de Carreira. Segundo fontes próximas ao caso, a agresión comezou dentro da casa familiar e rematou en plena rúa. Ao parecer, pai e fillo estaban rifando por mor dun asunto de hai anos.  A policía arrestou ao home nas inmediacións do lugar dos feitos. A vítima, que perdeu moito sangue, foi trasladada nun primeiro momento ao hospital comarcal do Barbanza nunha ambulancia do 061. No operativo participaron tamén axentes da Policía local.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia