- O detido usaba as redes sociais da súa ex parella para realizar montaxes fotográficas e envialas a outras persoas
O Equipo de Investigación Roca da Garda Civil da Compañía de Carballo en colaboración coa Garda Civil do Posto de Muxía, detivo a un individuo por, presuntamente, acosar e coaccionar á súa ex parella.
Os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada pola presunta vítima, comunicando que tivo unha relación intermitente co detido, aproveitando a mesma para controlar as súas redes sociais e obter os datos sobre os seus contactos.
Cos datos no seu poder, esta persoa difundía mensaxes inxuriosas relativas á vida privada da vítima, enviando así mesmo fotografías reais, montaxes fotográficas e capturas de pantalla, cada vez que ela decidía romper a súa relación.
Despois de poder corroborar os feitos denunciados grazas a unha investigación, a Garda civil procedeu á detención do responsable, como presunto autor de varios delitos de inxurias, coacción e acoso.
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución dos casos de violencia contra a muller de Corcubión.