Detido e xá libre un home por axudar a morrer á súa muller

Ángel Hernández foi detido este mércores logo de autoculparse por axudar a morrer á súa muller María José Carrasco, de 61 anos, que estaba en fase terminal. Fíxoo subministrándolle pentobarbital sódico, segundo confesou el mesmo ante a Policía.

A María José diagnosticáronlle esclerosis múltiple ós 32 anos e, actualmente, atopábase en fase terminal. Era absolutamente dependente do seu marido e, dende facía anos, pedía que a axudasen a morrer; de feito, fai uns meses reclamou ante o Congreso que se aprobase unha lei da eutanasia.

A cooperación necesaria para o suicido está castigada en España, aínda que se se fai cunha persoa en estado moi grave que o pide, considérase que hai un atenuante.

A última hora deste xoves foi posto en liberdade sen medidas cautelares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha