A Garda Civil do Posto Principal de Cambre, detivo a un individuo como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
Os feitos ocorreron tras recibir, nas dependencias da citada Unidade, unha chamada telefónica, comunicando a presenza dun home alterando a orde na Rúa Polígono de Cambre. Ata alí trasladáronse os axentes da Garda Civil, que procederon a interrogar ao detido mentres este respondía de forma incoherente e vociferaba moi alterado.
Dado o estado do individuo, os compoñentes da patrulla realizaron un palpado superficial, localizando no interior dun dos seus calcetíns un envoltorio cunha substancia branca, supostamente cocaína, arroxando un peso de 2,6 gramos.
Tras o achado, os axentes procederon a rexistrar o seu vehículo, atopando no interior un envoltorio con 29,8 gramos dunha substancia branca e outro con 12,8 gramos dunha substancia marrón que o detido identificou como cocaína a primeira e haxix a segunda. Dada a cantidade de substancias estupefacientes atopada, a Garda Civil solicitoulle o rexistro voluntario da súa vivenda, ao que esta persoa non se opuxo.
Xa no interior da vivenda, os membros do Corpo incautaron dous terminais de telefonía móbil, 310,2 gramos dunha substancia branca, supostamente cocaína e recortes plásticos dos utilizados habitualmente para o envasado das doses da devandita droga.
A Garda civil procedeu á detención do home como presunto autor dun delito contra a saúde pública, poñéndoo xunto cos efectos incautados e as actuacións realizadas, ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.