28
Os Equipos de Policía Xudicial da Garda Civil de Cambre e Ferrol detiveron a un veciño de Neda como presunto autor dun delito de estafa e dous de furto. Os feitos ocorreron nas localidades de Fene e Arteixo durante o 15 de maio e o 11 de xuño.
O detido, que se facía pasar por un empregado dunha compañía eléctrica para cobrar unhas facturas por un suposto servizo de revisión, aproveitaba o momento no que as súas vítimas ían polo diñeiro para detectar onde estaba este, e así poder roubalo.
O presunto autor xa se atopa á disposición do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña, e os efectos recuperados foron entregados aos seus lexítimos donos.