Detido un home que circulaba de forma temeraria nunha motocicleta roubada

1 minutes read
  • Tamén carecía de permiso de condución por perda de puntos

A Garda Civil detivo a un home, veciño de Oza dos Ríos, que circulaba de forma temeraria pola N-VI, á altura de Guísamo, poñendo en perigo tanto a súa integridade física como a doutros usuarios.

O vehículo foi interceptado na DP-0106 despois de que o condutor do mesmo fixese caso omiso de forma reiterada á orde de detención da Garda Civil. As autoridades comprobaron que a motocicleta que conducía era roubada, aínda que o seu propietario non detectara o furto, e que ademais o condutor carecía de permiso de condución por perda de puntos.

Desde a Agrupación de Tráfico da Garda Civil reiteran a obrigación de manter un comportamento adecuado na condución; facéndoo de forma responsable e solidaria co resto de usuarios da vía, para evitar accidentes ou condutas perigosas.