Detido un home tras o falecemento doutro logo dun altercado de tráfico na A-55 en Mos

1 minutes read
Arquivo.

Un home de 54 anos morreu tras un altercado de tráfico producido este domingo na autovía A-55, en Mos, e a Garda Civil procedeu este luns á detención doutro home en relación con ese falecemento.

Segundo fontes do 112 Galicia foron varios os particulares os que alertaron solicitando a intervención das forzas da orde ao presenciar unha posible liorta entre ocupantes de dous coches, que estaban na beiravía á altura do quilómetro 10 da A-55.

Tras o incidente, a vítima foi trasladada aínda con vida ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde acabou falecendo.

A Garda Civil investiga esta morte e polo momento agardase o resultado da autopsia para concretar se está directamente relacionada coa liorta entre os dous homes.