34
A Policía Metropolitana de Londres detivo a un home que se aproximaba ás portas do Palacio de Buckingham e lanzaba obxectos «sospeitosos de ser cartuchos de escopeta» ao recinto real, segundo informou o corpo policial. Acto seguido produciuse unha «explosión detonada» no lugar e procedeuse a acordoar a zona. «O home foi detido baixo a sospeita de posesión dunha arma», sinalou a Policía nun comunicado, onde tamén detallou que levaba un «paquete sospeitoso».