Detido un menor de 14 anos por enviar a máis de 100 persoas vídeos íntimos doutra menor

1 minutes read

Sucedeu en Valencia, a Policía Nacional detivo a un menor de 14 anos por supostamente difundir nun grupo con máis de 100 persoas vídeos íntimos que lle enviara, coa opciòn de poder velos unha única vez, outra rapaza coa que conversaba nunha rede social. Pasados uns días a moza decatouse de que os vídeos foran reenviados a un grupo de mensaxería instantánea, composto por unhas 100 persoas. A menor tivo constancia de que parte do seu centro de estudos vira ou escoitara falar dos vídeos, polo que puxo o asunto en coñecemento da súa titora e esta, da Policía Nacional. O menor foi detido como presunto autor dun delito de descubrimento e revelación de segredos e, tras ser informada a Fiscalía de menores, foi entregado ao seu titor legal, non sen antes ser advertido da obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando o requiran.