Detido un militante do PP de Vigo por suplantar ao director da Fundación Amancio Ortega

1 minutes read

Deteñen en Madrid a Javier Boo Fernández, un mozo militante do PP vigués de 27 anos que se facía pasar polo director da Fundación Amancio Ortega para conseguir beneficios personais. O detido chegou a contactar con máis de 15 multinacionais para conseguir un posto de traballo e acordos de patrocinio.

A investigación iniciouse a principios do pasado mes de decembro cando a representante de BMW denunciou que recibiran varias chamadas telefónicas e correos electrónicos dun individuo que se identificaba como o delegado dunha coñecida fundación internacional. Pero a compañía automobilística sospeitou porque normalmente os delegados das fundacións non son os que escriben para este tipo de patrocinios, senón os seus representantes.

Utilizaba contas de correo electrónico semellantes ás da fundación e co mesmo logotipo. Está acusado de estafa, usurpación de estado civil e falsidade documental. Javier Boo, non tiña antecedentes penais e actualmente está en liberdade.