33
A operación iniciouse á última hora da noite deste pasado venres nun domicilio particular da rúa Verdillo. Unha chamada poñía en preaviso ás forzas da orde sobre a alteración dunha persona entre os moradores desa vivenda. Tras a chegada ao lugar dunha patrulla da Policía Local os axentes procederon á identificación dos presentes, percatándose que sobre un deles, de 35 anos, pesaba unha requisitoria de busca e captura para o seu inmediato ingreso no cárcere de Teixeiro, para cumprir unha condena de tres anos na cadea, polo que foi detido no momento e trasladado ante a autoridade competente.