Detido un mozo por matar ó seu compañeiro de piso en A Coruña


  • A orixe da discusión foi a difusión dun vídeo con contido sexual

Un home de 28 anos foi detido este venres despois de confesar que matara ó seu compañeiro de piso ao estrangulalo cun cinto. Segundo o suposto asasino, ambos pelexaron por causa da difusión dun vídeo de contido sexual onde el saía consumindo estupefacientes, e tamén discutiron por cartos. O detido confesoulle á Policía Local que os dous exercían a prostitución.

Os feitos aconteceron na madrugada do xoves no barrio de Labañou (A Coruña), no edificio número 7 da rúa Honduras, nunha vivenda que se alquilaba por habitacións. O suposto asasino, de 28 anos e de nacionalidade uruguaia, discutiu co seu amigo e compañeiro de piso, de 46 anos e de nacionalidade dominicana, por un vídeo onde saía consumindo drogas e mantendo relacións sexuais; ó final acabou esganándoo co seu cinto. Foi el mesmo o que chamou á Policía Local. As autoridades descartan a intervención dos outros dous compañeiros da vivenda.

O detido está na Comisaría Provincial de Lonzas, á espera de pasar a disposición xudicial.